RGPD - Cookies
Galicia

Saturday night fever?…oh don’t worry I’m doctor

Vigo será a primeira cidade galega en ter unha guía de expresións habituais en inglés no ámbito sanitario, que estará en todos os hospitais para evitar erros e difundir o uso do noso idioma

turistasOs turistas que chegen a Vigo e se poñan enfermos poderán facelo coma galegos. Ao chegar a urxencias dirán que lles doe o bandullo porque veñen de poñerse encarnados de centolo abordo do Queen Mary II (Raiña María Dúas), e o médico pódelles contestar que o que teñen é unha apendicite galopante, ou de cabalo (horse) ou facelo no seu idioma e que o persoal sanitario o traduza directamente ao galego. Para iso, pacientes guiris e médicos nativos terán ao seu dispor a guía «Expresións habituais en inglés no ámbito sanitario galego», incluida  no Plan de Competitividade Turística de Vigo, presentada hoxe, e publicada por Diego Sanmartín , filólogo e Jorge Camenselle, doutor en Medicina e Ciruxía. 

A finalidade da mesma non é só tender pontes entre o galego e outras linguas, senon evitar que cando un norteamericano esté dicindolle ao médico que lle doe un oído, este non entenda «son un un granxeiro de Iowa e teño unha perna de madeira». Eliminaranse, así, erros lingüísticos nunha circunstancia na que non é o mesmo tomar a tensión que practicar unha  ‘phimosis’ surgery’ , algo non descartable nun país no que, non nos engemos, cantamos as canciones en inglés terminando todo en «eixon».

Segundo a concelleira de Normalización Lingüística, ao tempo  o galego empregarase no eido da mediciña e persoas que nono falan habitualmente poderán coñecer expresións no noso idioma, xa que a guía destribuirase en hospitais e centros de saúde, lugares nos que algo de lectura nunca está de máis.

También te puede interesar