Galicia

O Sindicato de Xornalistas denuncian despidos e represión laboral en El Correo Gallego

El Correo acaba de realizar 12 despidos.
El Correo acaba de realizar 12 despidos.

O Grupo El Correo Gallego despediu a pasada semana máis de doce informadores e operarios de talleres

, a maioría de xeito improcedente, segundo admitiu a propia empresa nas cartas de despedimento.

Represión tras unha asemblea

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) alerta que varios dos despedidos son asalariados que reclamaron os seus dereitos nunha recente asemblea de traballadores. Os despedimentos realízaos unha empresa que gañou varios centos de miles de euros en 2008, como proban as contas do Rexistro Mercantil.

Ante estes feitos, o SXG denuncia a represión sindical na Editorial Compostela; que inclúe a El Correo Gallego, Galicia Hoxe, Radio Obradoiro e Tierras de Santiago.

 No medio da negociación do novo Convenio

Os despedimentos prodúcense ademais cando o Comité de Empresa está a negociar un novo convenio. Nesa negociación a empresa propuxo reducir os salario para minimizar os despidos, proposta que evidentemente xa vulnerou.

Ademais de tentar intimidar aos traballadores, o Grupo está a violar os seus dereitos máis básicos, como negarlle ao acceso á información da situación da empresa, acceso que está garantido pola Lei.

Ante estas violacións dos dereitos dos traballadores a Asesoría Xurídica do SXG está as medidas legais a tomar.

O SXG esixe á empresa que non volva a ameazar aos informadores que esixen os seus dereitos, máis cando o Grupo aplica con de xeito totalmente discrecional o actual convenio en aspectos como os complementos de titulación e de dispoñibilidade.

Por último o SXG solicita á Xunta e ao resto de administracións que controlen as importantes subvencións que recibe Editorial Compostela mentres non se resolva entre conflito laboral.

Neste sentido o Sindicato lembra a todos os partidos con representación parlamentaria que xa demandaron á Xunta nunha Proposición non de Lei que condicionase estas axudas ao mantemento do emprego estábel.

 Malia que xa pasaron máis de oito meses da nova lexislatura, nin a Xunta nin os partidos están a aplicar o aprobado no Parlamento por unanimidade.

También te puede interesar