Deportes Destacados

Conta atrás para a Supercopa de España de Fútbol Sala en Vigo

Celebración do sorteo da Supercopa.
Celebración do sorteo da Supercopa.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presidiu este luns o sorteo das semifinais da XX edición da Supercopa de España de Fútbol Sala, que se celebrará os vindeiros 7 e 8 de xaneiro no pavillón de As Travesas. No acto, que determinou o enfrontamento de El Pozo Murcia Turística co F.C. Barcelona na primeira semifinal e o Inter Movistar co Xacobeo 2010 Lobelle Santiago na segunda, o tenente de acalde afirmou que a celebración deste evento ten por obxectivo que Vigo se sitúe «no máis alto» e que sirva para «potenciar o deporte base».»Para Vigo é tremendamente importante acoller esta Supercopa», afirmou o nacionalista, xa que ao seu xuízo a cidade ten unha «gran traxectoria deportiva». No sorteo, que tivo lugar nunha carpa ubicada na recén reformada Porta do Sol e que contou tamén coa presenza do concelleiro de Deportes Xabier Alonso, o nacionalista asegurou que a Supercopa será un «éxito de público» e expresou o seu desexo de que este torneo «veña para quedarse».

O presidente da Federación española de fútbol sala, Javier Lozano, agradeceu ao tenente de alcalde a súa confianza na Federación para organizar a Supercopa. «Queremos que sexa unha auténtica festa e que sirva para cumprir os obxectivos» de fomentar que os nenos practiquen deporte e que o público se divirta. «A Liga Nacional de Fútbol Sala vén a Vigo para quedarse e para que toda a cidade se enganche ao fútbol sala», confirmou Lozano tras a celebración do sorteo.

Para decidir o emparellamento das semifinais que terán lugar o xoves, 7 de xaneiro, empregouse nesta ocasión un novo sistema, no que se utilizou unha portería de futbol sala. Javier Lozano, e Xabier Alonso foron os encargados de lanzar os tiros a porta que decidiron a primeira semifinal, mentres que Santi Domínguez e o vicepresidente deportivo do Coruxo F.C., Pachi Comesaña, lanzaron os que determinaron a segunda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.