Destacados Vigo al minuto

Os traballadores municipais estudian en Vigo a directiva de servizos da UE

Baixo o título “A directiva de servizos da Unión Europea e as Corporacións Locais”, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza organiza unhas xornadas para analizar e debatir dita directiva e as súas repercusións sobre as Administracións Locais.

Terán lugar o vindeiro luns día 14 de decembro no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo e a responsable do Goberno galego na cidade, Lucía Molares, será a encargada de inauguralas. Dirixidas principalmente a profesionais que levan a cabo a súa labor nas Administracións Locais, contará con representantes de diversas institucións de Vigo, Ourense e Pontevedra.

As xornadas comezarán  ás 17.00 horas da man da delegada territorial para, logo, comezar coas intervencións dos ponentes convidados nunha mesa redonda. Así, participarán o secretario xeral  da Deputación Provincial de Ourense, Francisco Cacharro; a secretaria xeral do pleno do Concello de Vigo, María Concepción Campos; o secretario de Administración municipal do Concello de Pontevedra, José Carlos Castiñeira e, por último, o secretario xeral do pleno do Concello de Pontevedra, José Luis Mato. A continuación, haberá unha pausa-café para retomar máis tarde o debate cun coloquio aberto a todo o público asistente e rematar así as xornadas sobre as 20.00 horas.

As xornadas servirán para debatir e por enriba da mesa a directiva de servizos da Unión Europea que entrou en vigor no ano 2006 e que ten coma obxectivo a eliminación de obstáculos innecesarios e desproporcionados para a prestación de servizos. Neste senso, abordarase tamén a recente aprobación polo Goberno galego da Lei Omnibus o pasado 3 de decembro, que afecta a 24 leis autonómicas co obxectivo de aplicar os principios da libre competencia no mercado interior europeo e que, coma xa sinalou o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, o día que o Consello da Xunta lle deu o visto e prace a esta normativa, sitúa a Galicia na vangarda de España na transposición da directiva europea de servizos, permitindo reducir así as trabas aos emprendedores ademais de impulsar o investimento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.