Vigo al minuto

Inaugurada a humanización de Gamboa, a derradeira deste ano no Casco Vello

Inauguración GamboaO tenente de alcalde, inaugurou este venres a reforma da rúa Gamboa, que pecha a primeira fase da recuperación do entramado viario Casco Vello. Santiago Domínguez anunciou que este remate é só «un punto é aparte», que terá continuidade no ano 2010 con novos proxectos. No acto, que contou que diversos membros da corporación municipal, Santi Domínguez lembrou que Gamboa é a última das 19 rúas remodeladas neste ano, pero asegurou que os orzamentos do vindeiros exercicio contemplan xa novas actuacións no barrio histórico da cidade co obxectivo de que a finais de 2010 «todas as rúas do Casco Vello estean reformadas e renovadas».

Domínguez explicou que a reforma da rúa Gamboa contou cun investimento de 190.000 euros e supuxo unha actuación en 471 metros cadrados. Lembrou que se trataba dunha rúa de «difícil accesibilidade e paseo», pero que coas obras levadas a cabo estas dificultades están rematadas. «Parece que acaba de duplicarse a superficie da rúa», comentou. Como nos outros viais do Casco Vello, ademais do cambio do pavimento, levouse a instalación de novas luminarias e a colocación de novos colectores, a renovación do saneamento e o incremento da capacidade de suministro. Tras as obras, a rúa conta tamén co soterramento das liñas de comunicación e novo alumeado.

A reforma desta rúa permitiu atopar uns restos arqueolóxicos, que poderían ser parte da antiga muralla da cidade. Os traballos arqueolóxicos realizados non permiten definir exactamente o seu valor e por iso o ano que vén desenvolverase proxecto completo, con catas nos espazos adxacentes, que permita «definir e poñer en valor a riqueza patrimonial existente

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.