Vigo al minuto

O Concello remite o informe do Envidia por impedir entrar a discapacitados á Fiscalía

O porteiro alega que tiña medo de que "creasen alboroto".
O porteiro alega que tiña medo de que "creasen alboroto".

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que encargou á Policía Local a remisión á Fiscalía do informe municipal sobre a prohibición de acceso por parte dun pub (Envidia, en Travesía de Santiago de Vigo) a un grupo de discapacitados, feito acontecido fai varias semanas.

Ao remate dunha reunión co presidente de Aspanaex, José Manuel Carballo, Abel Caballero asegurou que este «foi un feito grave», polo que a Policía Local abríu un expediente e investigou o acontecido. O resultado das pesquisas serán postas a disposición do fiscal para que proceda da forma que considere oportuna. O alcalde avogou pola «esixencia de responsabilidades» ante un feito «aillado».

A este respecto, o rexedor vigués indicou que un grupo de discapacitados acompañados por titores de Aspanaex percorreron as pasadas fins de semanas distintos locais de ocio nocturno onde foron recibidos con «atencións, solidaridade e cercanía», tal e como lle transmitiu o presidente da entidade.

Residencia e vivendas
O alcalde tamén informou de que o Concello porá a disposición de Aspanaex algunha vivenda para que a entidade poida desempeñar a súa labor. A curto prazo, o Concello baralla ceder algunha das 30 vivendas en Navia que recibirá «en meses» da Xunta de Galicia e, a medio prazo, as vivendas de Rosalía de Castro, actualmente en litixio xudicial con Renfe.

Ademais, Aspanaex solicitó do Concello a cesión de solo para a edifición dunha residencia con capacidade para medio centenar de persoas, da que xa están a definir o seu deseño. Abel Caballero deu instruccións ao departamento municipal de Urbanismo para buscar un terreo dotacional para a súa cesión.

O Concello tamén estudará a posibilidade de empregar a algúns dos discapacitados que traballan con Aspanaex, para así paliar as dificultades económicas polas que agora atravesa a entidade

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.