RGPD - Cookies
El Lector

61º aniversario da Declaración dos Dereitos Humáns

ONUO 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou en París a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. C

A aprobación dos 30 artigos da carta universal deu paso á celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos cada 10 de decembro. Esta xornada conmemorativa é unha data para valorar os logros acadados ata agora e para reflexionar sobre os futuros retos no cumprimento dos Dereitos Humanos.

Actualmente, un dos principias desafíos neste ámbito é a loita contra a pobreza, unha realidade que nega os Dereitos Humanos máis básicos. Traballar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio encamiñados a garantir o dereito á vida, á saúde e á educación básica é fundamental para garantir unha vida digna ós millóns de persoas que aínda hoxe viven en situación de pobreza.

Este ano 2009, conmemórase tamén o 50º aniversario da Declaración dos Dereitos Universais da Infancia, un texto que naceu co obxectivo de garantir unha protección especial aos menores de 18 anos. Trinta anos despois, e a raíz desta Declaración, xurdiu a Convención sobre os Dereitos da Infancia, un texto aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1989 que ademais de recoñecer os dereitos civís, políticos, económicos, sociais e culturais da infancia obriga aos estados asinantes a traballar no seu cumprimento. A Convención cumpre 20 anos e actualmente é un dos tratados internacionais con máis apoio político: foi ratificado por 191 dos 193 estados membros das Nacións Unidas.

Segundo UNICEF, aínda hoxe 1 de cada 2 nenos vive en situación de pobreza, 1 de cada 5 non ten aceso a auga potable e 1 de cada 7 non pode acceder a servizos de saúde básicos. O cumprimento destes dereitos depende en gran parte da súa difusión e é por este motivo que a Xunta coa Unión Europea, quere conmemorar o 20º aniversario da Convención dos dereitos da Infancia coa publicación completa dos seus 54 artigos. O dito texto achegarase á sociedade galega e, en especial, as persoas implicadas no cumprimento destes dereitos: a infancia, as súas familias, o colectivo de educadores e os poderes públicos implicados.

úmprense 61 anos deste fito histórico que supuxo o recoñecemento do dereito a vida, á igualdade, á liberdade e á dignidade de todas as persoas.

También te puede interesar