Vigo al minuto

A Cidade da Xustiza levará por diante entre 25 e 30 vivendas

Reunión entre o alcalde e Germán Serrano, Xuíz Decano.
Reunión entre o alcalde e Germán Serrano, Xuíz Decano.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que en 15 meses o Concello rematará os trámites legais previos á ocupación dos terreos da futura Cidade da Xustiza, que será erixida pola Xunta de Galicia.

Nunha entrevista mantida co novo Xuiz Decano, Germán Serrano, Caballero informou que a expropiación afetará a unhas 25 ou 30 vivendas unifamiliares que serán realoxadas no caso de ser preciso.

De cara a axilizar o proceso de construcción da futura estrutura xudicial, o alcalde suxeríu ao Conselleiro de Presidencia que encargue o proxecto, o que, según el, permitiría aforrar entre seis e oito meses de trámites, segundo estimou Caballero.

O alcalde eloxiou a actitude de colaboración e cooperación mostrada por Germán Serrano, asegurou que foi unha reunión «cordial» e concluiu afirmando que «creo que imos cooperar de forma fructífera».

Dotacións xudiciais
O alcalde manifestou o seu acordo co Xuiz Decano na importancia que ten para Vigo a presenza en Vigo do Xulgado do Mercantil, que entrará en funcionamento o 1 de xaneiro de 2010, a falta únicamente de que a Xunta de Galicia defina a súa ubicación física.

Outra cuestión abordada na reunión foi a localización do Rexistro Civil. A este respecto, Abel Caballero indicou que «convén que estea no centro da cidade», polo que ofertou a cooperación para buscar un espazo axeitado.

O rexedor local abordou asemade con Serrano o Plan de Emerxencia de Atención aos Xulgados, elaborado polo Ministerio de Xustiza, que inclúe a Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.