Cultura

‘Vigo a escena’ volta ás taboas no 2010

Xesus e Xerome na presentación de 'Vigo a escena'
Xesus e Xerome na presentación de 'Vigo a escena'

O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este mércores que o programa «Vigo a escena» comeza unha nova etapa o vindeiro ano, xa que este circuito teatral municipal incluirá tamén as actuacións das compañías de teatro afeccionadas, ademáis das profesionais. O edil nacionalista explicou que para acadar este obxectivo, e como novidade, a convocatoria para participar se fará pública o vindeiro venres e haberá 15 días naturais para cursar a solicitude.

Xesus López salientou que o programa «Vigo a escena» leva o teatro a todos os barrios e parroquias de Vigo, dando a coñecer o traballo das compañías viguesas. «Para a convocatoria do 2010 queremos prestar especial atención ás compañías de teatro afeccionadas, ademais das profesionais». O concelleiro de Cultura, por outra banda, expresou os seus parabéns ao director do programa, Xerome Calero, «polo seu traballo continuado durante tantos anos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.