Cultura

Circle preséntase en Vigo nun MARCO incomparable

Circle2Case vinte anos levan Circle facturando discos dende Finlandia, lonxe quedan xa os primeiros noventa e os discos facturados nunha lingua inventada chamada Meronian, como anos máis tarde farían Sigur Ros. Xa en inglés Circle chegan ao novo século como unha banda capaz de mesturar riffs propios do heavy metal cunha actitude e unhas propostas máis propias do krautrock ou do post-rock, o que lles valeu a etiqueta de heavy alternativo. O certo é que nunha primeira escoita da banda finesa o único que queda claro é que fuxen de todo encasillamento. Son, sen máis, unha banda de rock moi particular.

Museo MARCO de Vigo. Luns, 30 de novembro. 20:30 h. 8 euros

 http://www.myspace.com/circlefinland / http://www.circlefinland.com/

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.