RGPD - Cookies
Galicia

Os bebés quedaron sin escola e os maiores sen centro de día

Os pais tiveron que apañarse
Os pais tiveron que apañarse

A folga do persoal que traballa para o Consorcio Galego de Benestar afectou a case a totalidade a máis de 80 galescolas, 37 centros de día, 18 oficinas I+B e os servizo centrais. Calcúlase que a secundou o 90% dos traballadores, según datos da CIG. Preto de 1.000 empregados percorreron as rúas de Compostela na manifestación que rematou diante do Edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano. O seu obxectivo principal era protestar polo despido de 61 empregados no que consideran que é un intento de «desmantelar» o servicio por parte da Xunta.

A CIG indica que o persoal foi seleccionado mediante «unha oposición pública, recollida en el DOG» e realizan a súa labor en «condicións bastante precarias», con horarios de máis de 40 horas, soldos de menos de 1.000 euros e utilizando os sues propios medios para desplazarse.

También te puede interesar