Destacados Vigo al minuto

A Favec pide que se baixen os prezos das concesións de aparcadoiros

A Federación Veciñal “Eduardo Chao” califica de previsible a situación dos novos aparcadoiros que non logran dar saída ás prazas para residentes. Esta entidade xa advertiu fai tempo dos “elevadísimos custes dos aparcadoiros” e a día de hoxe “os prezos seguen a ser desorbitados”. Según a asociación, tan só desembolsar os intereses dun crédito no banco e pagar as taxas de mantenimento supón un custe moi superior ao de alquilar unha praza no mercado libre “e aínda por riba habería que logo facer fronte ás amortizacións do crédito”. Todo isto imposibilita á veciñanza o acceso a este servizo. A única solución consiste, según a Favec, en aplicar unha baixada significativa aos prezos das concesións como xa fixeron algúns aparcadoiros, aínda que seguen a ser insuficientes.  

A entidade advirte  do posible ilegal en que podería incurrir o Concello si permite a venda das prazas para residentes, como xa sucedeu co aparcadoiro de Rosalía de Castro que está nos xulgados. “Lembramos que os aparcadoiros están concebidos como un servizo á veciñanza e no caso destes garaxes estamos a falar duns terreos públicos xestionados por empresas concesionarias e que de ningún xeito poden privatizarse para a súa venda”.    

También te puede interesar