Destacados

Augas de Galicia presenta ás instruccións técnicas para as obras hidráulicas que sanearán as rías

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do organismo Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, presentará hoxe as Instrucións Técnicas para Obras Hidráulicas (ITOHG) que se aplicarán no saneamento das rías galegas e no resto de obras hidráulicas da súa programación.

A presidenta de Augas de Galicia, Ethel Vázquez, será a encargada de presentar este documento nunha xornada informativa dirixida ás empresas e contratistas de obras hidráulicas, así como aos técnicos e os docentes de enxeñería hidráulica. O encontro será o vindeiro luns, 23 de novembro a partir das 11:00 horas na Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia.

O obxectivo fundamental de ditos preceptos é a mellora da calidade dos proxectos e das actuacións hidráulicas executadas pola Administración Hidráulica de Galicia, así como a obtención dunha unidade de criterios no deseño das mesmas.

Estas instrucións están elaboradas por un grupo de expertos integrado por técnicos de Augas de Galicia, da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e da Escola de Camiños, Canais e Portos de A Coruña, recibindo colaboracións puntuais e específicas de determinadas consultoras de proxectos.

As ITOHG, que están dirixidas aos técnicos da Administración, aos consultores e aos contratistas, conteñen criterios de deseño e metodoloxías de cálculo en tres eidos básicos nas obras hidráulicas: saneamento, abastecemento e materiais.

Cómpre sinalar que a serie de saneamento, ademais de unificar criterios de deseño e metodoloxías de cálculo, presta especial atención ás técnicas de xestión de augas pluviais e as técnicas de drenaxe urbano sostible, que conlevará a marcar pautas no dimensionamento de todos os sistemas de saneamento. Esta serie será aplicada no deseño dos proxectos para o saneamento das rías galegas.

En conclusión, este documento converterase nunha guía técnica útil para todas as persoas vencelladas ao deseño de obras hidráulicas, tendo como principal consecuencia a mellora da calidade dos proxectos e das obras hidráulicas co obxectivo de investir e non gastar.

También te puede interesar