Deportes Vigo al minuto

¿Anímaste a correr 21 quilómetros polas estradas de Vigo?

Máis de 21 quilómetros percorrendo Vigo. A Media Maratón Ibercaja Cidade de Vigo celebrará o vindeiro domingo 22 de novembro a súa primeira edición coa idea de ser unha proba habitual no calendario vigués. Os participantes partirán ás 11 horas do Náutico cun percorrido rápido ideado para facer marcas.

Complemento ideal da media maratón Vigo-Baiona, que se celebra na primavera, esta proba conta xa con 300 inscritos, aínda que a organización espera chegar ata os 500. O tempo límite será de 2 horas e 15 minutos e o control de tempos levarase a cabo a través dun sistema de chip baixo a supervisión dos xuíces da Federación Española e Galega de Atletismo.

Na proba poderán participar atletas federados e afecionados maiores de 18 anos, coa excepción dos estranxeiros que foran nalgún intre internacionais ‘A’ co seu país. Os dorsais repartiranse no Hotel Bahía Husa o día anterior entre as 11 e as 19 horas e o mesmo día da carreira de 9 a 10 horas.

Podes atopar máis información na web da proba.

También te puede interesar