Vigo al minuto

Festa multicultural en O Berbés e O Progreso

FestaO Concello de Vigo organiza hoxe nas prazas de O Berbés e O Progreso unha ‘Festa Multicultural’ que ten coma obxectivo fomentar a integración das persoas que veñen Boutros países e falan outras lenguas, ao tempo que se lles da a coñecer a existencia do galego.

Segundo as concelleiras de Benestar e Normalización Ligüística, é a primera actividade do programa ‘ En galego, tamén noutros mundos’, que contará coa participación de diferentes colectivos sociais relacionados coa inmigración.

Segúndo Iolanda Veloso, as distintas iniciativas buscan o recoñecemento da riqueza cultural ao tempo que axudan á integración das persoas que chegan Boutros países. Tamén sallientou a importancia de que o galego sexa tido en conta coma un elemento positivo e de integración.

O Servizo de Normalización detecta que a meirande parte dos individuos originarios doutros países, teñen unha actitude positiva sobre o galego, xa que os seus fillos están escolarizados na cidade e reciben parte do ensino no noso idioma.

O programa festivo inclúe actividades no Progreso coma degustaxións culinarias, taller de caligrafía árabe, contacontos mexicano, xogos autóctonos de Galicia, e baile. Ás 19:30, un pasarúas percorrerá o Casco Vello e, ás 8 da tarde, leerase o pregón, acto ao que seguirá un magosto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.