Vigo al minuto

O Concello buscará novos xacementos de emprego na cidade

naturalezaA Xunta de Goberno aprobou onte a contratación do servizo de elaboración dun estudo no que se analizarán as necesidades de formación nos novos xacementos de emprego Concello de Vigo, dentro do proxecto “Imos Traballar”, por un importe de 44.850 € e a contratación para a elaboración dos cursos “No Aula virtual” dentro do mesmo proxecto”,por un importe de 44.722 €

Aprobouse tamén a contratación do servizo de elaboración dun observatorio sobre emprego e medio ambiente dentro do proxecto “Vigo medio natural”.O obxetivo é fomentar o estudio do emprego no sector ambiental e localizar a oferta e demanda de profesionais, para poder adaptar a formación e dotar de persoal cualificada dito sector; identificación da información relativa a emprego e medioambiente; analise de datos , realización de pronósticos e elaboración de boletíns e informes.

As empresas destinatarias serán especialmente as do sector agroforestal e ambiental. A coordinación do Observatorio dependerá de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo, e contará coa participación de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo.

Novos traballos

A Xunta de Goberno aprobou a contratación do servizo de elaboración dun estudo sobre novos perfís profesionais necesarios no sector ambiental de Vigo dentro do proxecto “Vigo medio natural”.Así como a contratación da elaboración dunha guía para adaptar as actividades empresariais de Vigo á normativa ambiental, por un importe de 21.600 € co obxetivo de fomentar a sostenibilidade ambiental das actividades empresariais no municipio de Vigo, e publicar e distribuir dita guía entre as empresas e outros axentes socioeconómicos que deban aplicar ou velar pola aplicación de dita normativa.

Os contidos da guía serán entre outros: Lexislación en materia ambiental e empresarial europea nacional e autonómica, sectores empresariais obxecto de adaptación, tipoloxía de empresas según a fase de adaptación na que se encontre, boas prácticas existentes, principais accións a desenvolver, perspectivas das actividades que afectan ao medio a longo prazo

También te puede interesar