Galicia Bilingüe ven de informar que recibe as mesmas queixas pola “falla de liberdade na eleccion da lingua nas escolas galegas que hai un ano”. Aínda que recoñece que a súa meirande implantación podería producir un incremento das mesmas, a asociación asegura nun comunicado que os alumnos seguen a atopar atrancos para empregar libremente o castelán “son cuestións que a comunidade educativa agardaba que estivesen xa resoltas hai semáns”.

O ano pasado recibiu 1.070 queixas e no que vai deste, 982
. Galicia Bilingüe sinala nunha nota que dende a chegada de Núñez Feijóo á Presidencia da Xunta, o volumen máis notable de queixas “preto dun 60%” refírese á imposibilidade de empregar os libros de texto en español o facer uso deste idioma para falar cos profesores ou contestar ós exames.
