Comarcas Destacados

Redondela, a localidade coa taxa máis baixa de criminalidade

A vila máis segura de Pontevedra é, de novo, Redondela. Con 20,21 infraccións por cada mil habitantes, o municipio ten a taxa máis baixa de criminalidade dos grandes núcleos de poboación da provincia, como son Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Marín. Con estos datos, Redondela sitúase 27 puntos por debaixo da media española e 10 por debaixo da media provincial.

Ademáis no que vai de ano descenderon o número de delictos, aínda que aumentou lixeiramente o número de faltas ou pequenos furtos. Tamén descenderon as denuncias por violencia de xénero aínda que hai máis ordes de protección, concretamente 34, consecuencia das denuncias e posteriores sentencias de anos anteriores.

O subdelegado do goberno, Delfín Fernández, propuxo á xunta local de seguridade do municipio a creación dunha comisión en materia de violencia contra a muller, que teña como obxectivo a prevención e sensibilización social, e que estivese integrada por representantes municipais, de servicios sociais, dos servizos de protección ás mulleres, policía e representantes xudiciais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.