Cultura

San Teleco pásase á santidade

O botellón doutros anos deixou paso a unha romaría popular galega coa que os alumnos de Telecomunicacións queren recuperar o espiritu da celebración que, segundo dixeron, non era máis que unha concentración para consumir alcohol e perdera a súa identidade

san teleco1A organización de San Teleco apostou este ano pola celebración dunha romaría popular galega que substituíu ao botellón de edicións anteriores. Con esta iniciativa, posta en marcha o pasado ano, o alumnado da ETSE de Telecomunicación volveu ás orixes da celebración, que se transformara nunha masificación concentrada na Praza Miralles na que participaban moitas persoas alleas á escola.

A xornada de onte foi, segundo os alumnos, froito do grande esforzo feito polos compoñentes da organización, que este ano só contaba con oito membros o que supuxo que o traballo fose máis duro. A pesares dos inconvenientes, amosáronse moi satisfeitos co resultado e deron a súa opinión sobre a nova forma de festexar San Teleco. “Coa celebración da romaría popular o festexo do patrón da escola deixou de ser unha sinxela concentración para consumir alcohol e gañou en identidade” comentou Alicia Pérez .“É moito mellor así porque é unha festa máis propia e participan máis estudantes e profesores do centro”asegurou outro membro da organización. A festa tradicional tamén contou co apoio da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes, que se encargou do financiamento desta iniciativa.

También te puede interesar