Vigo al minuto

A receita electrónica chega hoxe ao Casco Vello de Vigo

As farmacias xa non teran problemas coa letra dos doutores
As farmacias xa non teran problemas coa letra dos doutores

Grazas a colaboración dos profesionais sanitarios e ao Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, o Servizo Galego de Saúde inicia hoxe,  no centro de saúde do Casco Vello, o desenvolvemento do sistema de dispensación da receita electrónica.

Este feito supón un fito importante na modernización da  Sanidade pública debido ao seu gran impacto na mellora da calidade na atención sanitaria á  cidadanía, xa que evita desprazamentos periódicos de usuarios a buscar receitas, e posibilita o incremento do tempo que os facultativos destinan para a atención propiamente médica aos pacientes.

Así, iniciarase unha cascada de despregues no municipio vigués onde se irán incorporando progresivamente, ao longo do mes de novembro, os seguintes centros de saúde: Rúa Cuba, A Doblada, Nicolás Peña, Bolivia e o de Pintor Colmeiro.

Coa posta en marcha destes seis novos centros de saúde na cidade de Vigo beneficiaranse outros 127.634 cidadáns, que irán progresivamente incrementando conforme continúe o despregue no centro de saúde Porriño, e xa no mes de decembro os centros de Rosalía de Castro e Beiramar.

Na actualidade, na área sanitaria de Vigo xa hai seis centros sanitarios que teñen implantado este sistema, o de Cangas, Moaña, Domaio, Meira, Hío e Salceda de Caselas

  • Vantaxes da receita

A receita electrónica supón importantes vantaxes para todas as partes implicadas, pacientes, familiares, coidadores, farmacéuticos e médicos.

En relación cos pacientes, os enfermos crónicos que na maioria dos casos teñen pluralidade de medicación, evitan desprazamentos para buscar receitas, xa que permite dispensacións ata por un ano; ademais se calcula que os médicos, liberados dos trámites burocráticos que supoñe a prescripción manual das receitas, dispoñen  de máis tempo para o diagnóstico e tratamento.

Outra das melloras que supón a implantación da receita electrónica é o incremento da seguridade no uso dos medicamentos, xa que evita os posibles erros que se puidesen dar no proceso de lectura e interpretación da letra do médico na oficina de farmacia.

A  receita electrónica intégrase dentro da historia clínica electrónica, polo que a historia clínica dispón dunha información completa, integral e veraz que dá seguridade e operatividade. Por isto, a nova medida permite coñecer de inmediato o historial fármacoterapéutico do paciente e a resposta aos tratamentos, facilita a toma de decisións e incrementa a seguridade no uso dos medicamentos, ao explicitarse os diferentes tratamentos que está seguindo o paciente. Tamén aporta información sobre a existencia dun historial de intolerancia ou de alerxia aos medicamentos; dalgunha situación de alerta farmacolóxica; ou se a medicación está sendo recollida na farmacia con regularidade.

Así mesmo, o sistema de receita electrónica achega novas canles de comunicación entre profesionais médicos e farmacéuticos.

Por outra banda, o rexistro de datos permite realizar a facturación das receitas de xeito electrónico, simplificando o procedemento actual ao reducir a burocracia.

Por último, a receita electrónica tamén supón vantaxes para o Servizo Galego de Saúde e para as oficinas de farmacia dado que potencia o uso racional dos medicamentos; integra o acto farmacéutico na rede sanitaria; diminúe anulacións e incertezas ante substitucións entre medicamentos e incrementa a aproximación ao paciente.

Hai que destacar tamén que a informatización completa do sistema de prescripción e dispensación das recetas médicas supón un paso máis no proceso de desaparición do papel así como das posibilidades de perda do mesmo.

  • 4,5 millóns de dispensacións electrónicas

Unha vez superada con éxito a fase da pilotaxe da e-receita que comenzou en setembro de 2008, este ano evolucionou o despregue de receita electrónica a gran velocidade tendo xa no momento actual ata 107 centros de saúde con conexión directa a farmacia con e-receita e son xa, 555 as oficinas de farmacia conectadas a este novo sistema.

Desto beneficiánse 737.277 usuarios (26,6 % da poboación galega) e contamos neste intre con 4.402.242 dispensaciones realizadas en e-receita.

A media diaria de dispensacións de e-receita dende o luns ao venres da semana do 19 de outubro ao venres 23 de outubro situouse en 43.563 dispensacións.

Nesta liña de continuidade e expansión, está previsto que a Consellería de Sanidade, en coordinación cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia, remate o ano con 167 centros de Atención Primaria integrados no proxecto, e que darán cobertura a unha poboación de 1.203.737 cidadáns, nas catro provincias galegas, o que supón que o 43,5 % da poboación terá acceso á e-receita

Te podría interesar