RGPD - Cookies
Destacados

Para ser porteiro de discoteca haberá que ter máis que músculos

Para ser porteriro haberá que tern máis que músculos
Para ser porteriro haberá que tern máis que músculos

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ultima o borrador dun decreto que regulará a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e que tamén regula os criterios da habilitación e as funcións dos porteiros destes locais.

Actualmente en Galicia, en materia de controladores de acceso, continúa vixente un decreto de 1982 polo que se aproba o Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, que só fai unha referencia xenérica á posibilidade de que os porteiros impidan a entrada ou permanencia dos menores de dezaseis anos en determinados establecementos ou espectáculos públicos.

A Xunta considera que a actividade de control de acceso a establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas debe exercerse en condicións de máximo respecto e garantía para os clientes, de tal xeito que en todo momento queden salvagardados os seus dereitos como usuarios e garantido o libre acceso en condicións de igualdade e non discriminacións.

Para acadar esta finalidade, é requisito básico que o persoal encargado de controlar o acceso conte coa capacitación, formación e habilitación precisas para desenvolver as súas tarefas no respecto aos dereitos e garantías expostos.

Co decreto, o Goberno galego pretende superar a inseguridade xurídica que xera o baleiro normativo actual. Ao tempo, dá resposta ás reivindicacións que manteñen os representantes dos sectores implicados, sobre a urxente ordenación dos requisitos de capacitación e funcións dos encargados destas tarefas cara a acadar a súa profesionalización, ademais de que se trata dunha regulación demandada polos cidadáns como garantía dunha adecuada prestación de servizos de calidade.

Entre outras disposicións, o decreto determinará os suxeitos responsables da actividade de control de acceso e regulará as súas funcións e requisitos, facendo fincapé en que dispoña dunha habilitación, coa finalidade de garantir o axeitado desempeño do seu labor.

También te puede interesar