Vigo al minuto

Microbuses eléctricos para moverse polo Casco Vello

microbus

Microbuses eléctricos. Ese será o novo sistema de moverse polo Casco Vello. O tenente de alcalde presentou esta novidade que, segundo indicou, facilitará a comunicación entre as dúas partes da zona histórica da cidade. O mesmo iniciarase con tres vehículois e 10 constructores, contará con 1.230.000 € de investimento inicial e terá un mantemento anual de 320.000 € Aquel custo sería asumido polo Plan E 2010 e éste integrarase dentro do servizo de transporte público da cidade.

O billete dos microbuses, que empezarán a circular «durante 12 horas ao día, o primerio semestre de 2010», terá un prezo especial para os moradores do Casco Vello e o mesmo  que o do autobús para o resto dos veciños. A frecuencia de paso será «cada 10 minutos» e, ainda que terá varias paradas, «calquera usuario poderá pararlo onde quera o baixarse del cando o desexe con solo pedilo».

O percorrido, que xa foi comprobado polos técnicos, empezará pola Praza do Berbés, seguirá por Rúa Real, A Pedra, Colexiata, Chao, Poboadores e volta ao Berbés, levará «entre 3 e 5 minutos, dependendo das paradas», sinalou Santiago Domínguez que engadiu que a súa intención e que nos 2 ou 3 primeiros meses de funcionamento «sexa gratuito para que todos os vigueses poidan disfrutar del».

Vigo seguirá, deste xeito, o exemplo de Madrid, Sevilla, León, Bragança ou Coimbra, que empregan este medio de transporte que, «polo seu aforro enerxético, limpeza e comodidade encaixa nos obxectivos perseguidos polo novo Plan E».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.