Vigo al minuto

As Travesas terá un Centro Comercial Aberto

Praza de América, no entorno de Travesas  (Tomás R.)
Praza de América, no entorno de Travesas (Tomás R.)

O Concello está a ultimar as negociacións coa Asociación de Empresarios e Comerciantes de Travesas (AETRAVI) para a instauración dun Centro Comercial Aberto na zona.

Segundo indicou o alcalde en declaracións previas á reunión con eles, esta iniciativa consolidaríase cun convenio bilateral entre o Concello e a Asociación que permitiría a esta última, en coordinación co municipio, a realización de actividades no espazo público de maneira regulada.

Para concluir na definición do modelo a adoptar, Caballero explicou que estanse a estudar os aplicados noutras cidades españolas, aunque avanzou que o sistema considerado «satisfactorio» consistiría no emprego do ámbito público para actuacións da devandita Asociación. Para o alcalde vigués, este sería un «bo modelo» que podería ser exportado a outros ámbitos da cidade, como o Calvario, segundo citou.

Abel Caballero visitou cos responsables de AETRAVI o ámbito de actuación da entidade, no entorno da Praza de América, e salientou a cooperación desta no desenvolvemento «masivo» das humanizacións na zona. O alcalde citou as melloras do entorno de POVISA, Pintor Colmeiro, a rúa Coruña, Castelao, Florida e Castrelos, moitas delas consensuadas coa entidade. O alcalde asegurou que «queremos seguir contando coa súa cooperación».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.