Cultura

Jorge Barbi inaugura exposición no Marco

Unha das obras do artista de A Guarda
Unha das obras do artista de A Guarda

O MARCO inaugurou a mostra individual de Jorge Barbi (A Guarda, Pontevedra, 1950), destinada a todas as salas da planta baixa, e comisariada por Juan de Nieves. A exposición baséase na idea do percorrido, do paseo, e da observación cotiá da natureza e as súas mutacións, como un extenso arquivo que o artista foi construíndo ao longo do tempo. O argumento constrúese a partir de varias series de fotografías realizadas nos últimos anos, xunto cunha coidada selección de pezas anteriores, e novas producións específicas para esta mostra, intentando establecer novas lecturas do seu traballo, no que será a primeira grande exposición individual deste artista.

O título da exposición, ’41º 52′ 59» latitud N / 8º 51′ 12» longitud O’, refírese as coordenadas xeográficas entre as que o artista desenvolveu o seu traballo para esta mostra.

Tra-la súa clausura en Vigo, a mostra viaxará a Lisboa, onde se exhibirá na Fundação Calouste Gulbenkian do 6 de maio ao 6 de xullo de 2010.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.