Sin sección Vigo al minuto

Unhas 40 persoas solicitaron os cursos de coidados domiciliarios da Favec

Presentación do curso aos alumnos
Presentación do curso aos alumnos

Tiñan que seleccionar a 15 persoas e presentáronse 40 ás entrevistas. Os cursos de coidados domiciliarios para dependentes teñen gran demanda por parte dos que teñen unha persoa ao seu cargo e tamén dos desempregados, que ven nesta opción unha saída laboral. Así, na Favec arrinca hoxe o segundo curso, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e impartido por técnicos do Concello.

O obxectivo, tal e como explicou a súa presidenta, é que a quincena de inscritos «atopen un traballo», por este motivo, este ano farán as prácticas (80 horas) en centros privados. Precisamente, o criterio para seleccionar aos futuros coidadores foi que se atopasen en risco de exclusión social ou laboral, ou ben que tiveran ao seu cargo a un dependente. Trala rolda de prensa de presentación xa asistiron a súa primeira clase (80 horas de teoría). A maioría deles son mulleres (so hay 5 homes, e 2 deles son oíntes).

A concelleira de Benestar, María Méndez, explicou que sí pode ser unha boa saída laboral, dado que no Concello, grazas a Lei de Dependencia, cada vez se demandan máis estes servizos. Así, pasaron de 100.000 horas en coidados domiciliarios no 2008 a 140.000 horas este ano. Asemade, o seu orzamento subiu do millón e medio de euros aos dous millóns.

Os futuros c coidadores, segunso sinalou a sua profesora, deben ter moita paciencia, estar equilibrados emocionalmene, ter empatía, capacidade de poñerse do lado da otra persoa, positividade… e tamén deben fomentar as habilidades dos seus dependentes en vez de facerlle todo sen ter en conta que poderían ser capaces eles.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.