Cultura Sin sección

Thalia Teatro trae a Caixanova o Thriller psicolóxico ‘Palabras encadeadas’

Un momento de la obra
Un momento de la obra

Talía Teatro subirá ás táboas do Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo o próximo domingo, día 4 de outubro, ás 20.30 horas, para representar a súa versión da obra ‘Palabras encadeadas’, de Jordi Galcerán.

Desde que iniciaron os seus pasos hai vinte anos, a compañía galega Talía Teatro puxo en escena 25 montaxes, todos eles caracterizados pola súa preocupación pola recuperación dos autores fundamentais dentro da dramaturxia galega, pero sen esquecer a presenza de autores contemporáneos e a incorporación de grandes nomes de dramaturgos universais de todos os tempos. A compañía realiza as súas montaxes en galego, pois a través das manifestacións artísticas contribúese a manter viva a nosa lingua.

  • ‘Palabras encadeadas’

É unha obra escrita por Jordi Galcerán, que versiona Talía Teatro baixo a dirección de Artur Trillo. A interpretación corre a cargo  de Toño Casais e María Ordóñez. A través do xogo das ‘Palabras encadeadas’, no que a partir da última sílaba dunha palabra calquera debe comezar a seguinte, os personaxes definen un thriller psicolóxico no que se pon a súa vida nunha balanza, cos seus medos, rancores, etc. Nesta ocasión Talía Teatro aposta por un espectáculo de pequeno formato dirixido a un público adulto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.