Destacados Vigo al minuto

A Favec adicará os seus esforzos a demandar unha mellora da mobilidade en Vigo

Quieren también que se mejore la comunicación con el área metropolitana.
Quieren también que se mejore la comunicación con el área metropolitana.

O movemento veciñal de Vigo reclama melloras na movilidade en Vigo e con tal motivo prepara unha campaña para conciencias a cidadanía. Ademáis, dirixirán as súas queixas a tódolos organismos competentes na materia (Concello, Xunta…) . Na asemblea realizada esta mañán, aprobou a Campaña  ‘Por unha mobilidade efectiva. En Vigo non imos esperar máis’ quevan  desenvolver durante todo o outono.

A Favec sinala os seguintes problemas despois de realizar un «exhaustivo» estudio:

  • Mobilidade no centro urbano, coa problemática de saturación de tráfico, do aparcadoiro en superficie para residentes e a problemática do elevado custo do aparcadoiro subterráneo se é preciso empregar habitualmente o automóbil.
  • Mobilidade entre as parroquias e o centro urbano, con problemas relacionados co transporte urbano (frecuencia, transbordos, trazados, etc).
  • Mobilidade interurbana, sen servizos suficientes, sen coordinación dos servizos existentes, cun custo tan elevado que sae máis económico o emprego do coche, etc.

«Diante desta situación, en primeiro lugar, a FAVEC e as asociacións veciñais propóñense sensibilizar os veciños e veciñas de Vigo e da súa área metropolitana sobre a necesidade de abordar sen demora a ordenación da mobilidade dun xeito áxil, económico e respectuoso coa contorna. Para iso vanse dar a coñecer polos barrios e parroquias os problemas cos que se está atopando a veciñanza e propoñendo medidas para abordalos», sinalan nun comunicado..

A FAVEC ten previsto demandar do Concello de Vigo, da Xunta de Galicia e das restantes administracións implicadas, que se executen os acordos existentes para debatir a mellora do transporte e mobilidade na cidade e tamén na súa área metropolitana. Así, sinalan que nos anos 2000 e 2001, froito do traballo co Concello de Vigo, melloraron os trazados de transporte urbano en Vigo.

A Favec sinala que se segue a apostar polo coche para obter recaudación a través de multas e aparcadoiros. Ademáis, critican que as obras de humanizacións se fagan todas á vez e sen consultar aos veciños, coa conseguinte repercusión no tráfico. Outra das súas críticas é que «o Consello Municipal de Transportes e o Consello Municipal de Mobilidade non se reúnen coa periodicidade prevista (trimestral) nin exercen como verdadeiros órganos de deliberación das necesidades da veciñanza», así aseguran que na década dos 90 a cidade estaba na vangarda da democracia participativa e agora é «a última da fila».

  • Revindicacións da Favec

Que se faga partícipe á  Federación Veciñal Eduardo Chao na toma de decisións relativas aos temas de mobilidade, a través da elaboración do Plan de Investimento Local para 2010, atendendo ás necesidades derivadas do Plan de Acción Veciñal xa consensuado.Ademáis, exixen, entre outras cousas, que se convoque o Consello Municipal de Transportes trimestralmente, que se elabore un Plan de Mobilidade en Vigo e área metropolitana e que se executen os acordos relativos á mobilidade por parte das distintas administracións (aparcadoiros disuasorios, estacións intermodais, intercambiadores en puntos clave da cidade e rede de ferrocarril de proximidades).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.