Cultura

Camiño do sol nacente

Estudanes xaponeses, becados pola Universidade de Santiago e o Xacobeo, coñecerán durante varios días a historia e características do Camiño de Santiago facendo parte do mesmo acompañados por catedráticos, especialistas e estudiosos do mesmo.

japoneses

Unha ducia de estudantes japoneses participaron nas II Leccións e prácticas no Camiño de Santiago; curso coorganizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Xacobeo. Os estudantes becados por este programa realizan o Camiño de Santiago dende Astorga e as bolsas consisten nos billetes de avión, unha serie de conferencias sobre a cultura, a natureza, a historia de Galicia e o Camiño de Santiago. Así mesmo, farán unha visita guiada á catedral de Santiago e percorrerán algún tramo da ruta Fisterra-Muxía.

 Levar o Camiño ata Xapón

O obxectivo desta iniciativa que xa se organiza por segundo ano consecutivo é promocionar o Camiño en Xapón de xeito moi novidoso e efectivo, facendo que este grupo de mozos viva a experiencia da peregrinación e do coñecemento de Galicia en primeira persoa. Ao seu regreso a Xapón, os rapaces poderán engadir información ás súas teses de doutoramento sobre o Camiño e tamén darán conferencias aos seus compañeiros de facultade sobre a experiencia vivida e sobre aquelo que aprenderon durante a súa estancia na nosa comunidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.