Vigo al día

O Concello seguirá falando en galego

López Chaves/ S. Pereira

Redactar as comunicacións, sancións, requerimientos, cartas ou informacións do Concello en galego e castelán custaríalle os vigueses 89.000 euros máis ao ano.

Segundo os orzamentos municipáis de 2009, a papelería oficial e as comunicacións ós cidadáns (multas, expedientes, certificados, acordos e publicacións), feita só en galego, ten un presuposto de 89.675,33 euros, por impresión do papel timbrado, custo que dobraríase se se fixese tamén en castelán. Ao mesmo tería que sumarse o do cambio de toda a documentación con membrete (sobres, ante cartas e cuños) que hai na actualidade que, dacordo cos orzamentos dos anos 2005 a 2009, sobrepasaría os 221.000 euros.

O cambio costoulle á Xunta máis de 300.000 euros

Sobre este proceso xa ten experiencia a Xunta, e non só a actual. Os cambios de denominación das Concellerías (coma a de Facenda, Economía e Industria, Mar, Medio Rural no seu día ou Vicepresidencia de Benestar) obrigaron ó Goberno Autónomo a desfacerse de preto de 3 toneladas de papel oficial dende 2005 (algo máis de un kilo diario, o que supón o peso de 10 xornais) o que supuxo unha inversión de preto de 320.000 euros ou, o que o mesmo, máis de 50 millóns das desaparecidas pesetas.

Seguirá en galego

O Concello seguirá tendo coma lingua oficial o galego. A maioría do BNG-PSOE rexeitou modificar a ordenanza municipal coma solicitaba o Partido Popular nunha moción. O seu concelleiro Ignacio López-Chaves pediu engadir o castelán como lingua co-oficial e que os impresos e documentos que xeneran a relación entre esta administración e os cidadásn se redacten nas dúas linguas.

A titular de Normalizacion Lingüística, Iolanda Veloso, acusou ao popular de buscar problemas onde non os hai e sinalou que no informe do Valedor do Cidadán, presentado hai dous meses, non hai nen unha queixa neste senso. Iolanda Veloso lembroulle a López-Chaves que a Lei de Administracións Locais recolle que o galego é a lingua oficial nos concellos galegos e que as convocatorias, mocións e informes redactaránse nela.

O pasado 3 de agosto, o presidente Feijóo, que anunciou a reforma desta lei para actualizar as competencias das diutacións, non fixo referencia ao tema de actualizar o texto para que os concellos tivesen que trocar o galego coma idioma oficial polo galego e castelán.

 

 

También te puede interesar