A Deputación de Pontevedra dá un paso adiante na súa estratexia de comunicación coa posta en marcha de DepoPlay, unha canle dixital propia de contidos audiovisuais que nace co obxectivo de difundir a actividade institucional e ofrecer unha mirada ampla e diversa sobre a provincia. A nova plataforma, definida polo propio organismo como “un Netflix provincial”, está operativa desde hoxe e accesible a través da ligazón play.depo.gal.
O presidente da Deputación, Luis López, subliñou que DepoPlay se enmarca na aposta pola dixitalización e modernización das canles de comunicación, cunha vocación clara de proximidade. “Con esta plataforma imos seguir avanzando na nosa máxima de tender pontes e escoitar, entender e atender a toda a cidadanía”, afirmou durante a presentación celebrada no Pazo provincial.
Retransmisións en directo de eventos institucionais
Segundo explicou López, DepoPlay responde aos novos hábitos de consumo audiovisual e permitirá acceder tanto a retransmisións en directo de eventos institucionais como a contidos baixo demanda. A oferta inclúe vídeos divulgativos sobre a Deputación como institución, pezas sobre as súas “curiosidades”, bloques dedicados ao deporte na provincia, ao turismo nas Rías Baixas, ao Museo de Pontevedra e a outros ámbitos como a cultura, a lingua, a igualdade, o medio natural ou a xuventude.
Centralizar a producción audiovisual
A plataforma funciona como un servizo OTT (over the top), libre e gratuíto, deseñado para ser consumido desde distintos dispositivos —ordenador, móbil ou tableta— e organizado por categorías temáticas que facilitan a navegación. Ademais, incorpora un buscador de contidos, co obxectivo de mellorar a experiencia de usuario e facer máis accesible a información audiovisual.
Con DepoPlay, a Deputación de Pontevedra busca centralizar e ordenar toda a súa produción audiovisual, reforzar a transparencia institucional e ofrecer unha canle directa coa cidadanía, afastada dos formatos tradicionais e adaptada á linguaxe dixital. Un novo escaparate para contar a provincia desde dentro e en tempo real.
Outras novas
- ¿Qué hacer este fin de semana en Vigo?
- Detenida una mujer armada, tras intentar atracar un local en la Gran Vía
- Cíes llena por primera vez, esta temporada
- Conflicto por el aeropuerto de Vigo: Caballero acusa a la Xunta mientras se negocian nuevas rutas aéreas
- ¿Hay proyecto o no hay proyecto para ampliar la grada de Tribuna y optar al Mundial 2030?






