actualidade de vigo | Vigo al minuto
vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Noticias etiquetados con clave: ‘actualidade de vigo’

A alerta vermella por ondas de 5 metros deixa á flota galega amarrada a porto

A alerta vermella por ondas de 5 metros deixa á flota galega amarrada a porto

A flota galega está amarrada a porto, este mércores, logo da alerta na costa por ondas que poderían superar os 5 metros de altura-alerta vermella- que baixará a amarela pola tarde, con ondas de 3 a 4 metros. So saiu a pesca de flote e marisqueo-que traballa nas partes máis agochadas das rías-, pero o […]

Este martes ábrese o prazo para solicitar prazas nas escolas infantís para nenos de entre 3 meses e 3 anos

Este martes ábrese o prazo para solicitar prazas nas escolas infantís para nenos de entre 3 meses e 3 anos

Os pais que o desexen poderán solicitar dende este martes unha praza nalgunha das 157 escolas infantís públicas da rede ‘A Galiña Azul’ para as que a Consellería de Traballo abriu o prazo de inscrición, que se prolongará ata o 23 de marzo. Como informou este luns a directora xeral de Familia e Inclusión, a […]

Os estudantes chaman á folga mércores e xoves desta semana

Os estudantes chaman á folga mércores e xoves desta semana

O Sindicato de Estudantes (SE) convoca dous días de folga- 25 e 26 deste mes- en contra do real decreto que permite os grados de tres anos. Ademáis do paro, haberá manifestacións, o xoves, nas grandes cidades galegas. As manifestacións serán ás 12, na Praza de A Palloza, en A Coruña; á mesma hora dende […]

O Comité de Povisa advirte de máis despidos, logo de entrevistarse coa directora xeral de Emprego da Xunta

O Comité de Povisa advirte de máis despidos, logo de entrevistarse coa directora xeral de Emprego da Xunta

Membros do Comité de Persoal de Povisa mantiveron este luns unha xuntanza coa subdirectora xeral de Traballo da Xunta, María Cotinho, en Compostela, para coñecer os verdadeiros motivos do Expediente e Regulamento de Emprego (ERE) plantexado polo hospital privado que-ainda que foi retirado pola empresa– segundo os representantes dos traballadores, vai traer despidos. Os integrantes […]

Carmela Silva anuncia denuncias contra as persoas que pedíron no Pleno que explicara o suposto enchufe dun familiar seu no Concello

Carmela Silva anuncia denuncias contra as persoas que pedíron no Pleno que explicara o suposto enchufe dun familiar seu no Concello

A tenente de alcalde asegurou este luns, no Pleno do Concello, que presentará unha “querela penal” contra aqueles que na xuntanza da corporación pediron explicacións sobre os supostos enchufes no Concello de familiares de concelleiros e cargos do Partido Socialista. Esa foi a resposta de Carmela Silva aos berros de “¡Fala do enchufe da túa […]

Xosé Rodríguez, candidato á Alcaldía de As Neves, “imos abrir a porta a un novo goberno en As Neves”

Xosé Rodríguez, candidato á Alcaldía de As Neves, “imos abrir a porta a un novo goberno en As Neves”

Xosé Manuel Rodríguez, Méndez, Laboralista de 50 anos, veciño de Tortoreos, onde vive coa súa familia, afronta o reto de asumir a Alcaldía de As Neves nun momento de profundos cambios sociais, “aos que non pode ser alleo o concello”, se queremos conquerir “a fixación da poboación, a creación de emprego e a mellora dos servizos”. Estes […]

As barreiras do paso a nivel de Porriño estiveron levantadas este venres debido a un “fallo puntual”

As barreiras do paso a nivel de Porriño estiveron levantadas este venres debido a un “fallo puntual”

ADIF detectou un “fallo puntual” nas barreiras do paso a nivel en O Porriño, que quedaron levantadas na tarde do venres, aínda que asegura que a seguridade dos viandantes e vehículos estivo garantida en todo momento. Foi o mesmo Concello de O Porriño o que deu a alarma a ADIF, despois de que numerosos veciños […]

O xoves, 2.843 chineses residentes en Galicia celebran a chegada do Ano da Cabra

O xoves, 2.843 chineses residentes en Galicia celebran a chegada do Ano da Cabra

Os 2.843 chineses residentes en Galicia darán a benvida o próximo xoves, día 19, ao Ano Novo Chinés, o ‘Ano da Cabra’, no tradicional Festival de Primavera, a celebración máis relevante do seu calendario. En distintos puntos do Estado, a comunidade chinesa -formada por 185.250 persoas,- organizará distintas actividades para celebrar a chegada do ano […]

Máis do 34% dos mozos galegos opina que o funcionariado é o sector que mellor garante o futuro

Máis do 34% dos mozos galegos opina que o funcionariado é o sector que mellor garante o futuro

Os mozos galegos son, xunto cos de Castela-León, os máis emprendedores do Estado, aínda que o 33,4% considera que ser funcionario é a mellor opción de futuro. Así revélao o Informe Young Business Talents sobre as actitudes e tendencias dos novos preuniversitarios, que reflicte que os novos españois son os europeos que máis se formulan […]

Unha veciña de Coia con dous fillos e unha Risga de 239 €, demanada ao Concello por negarlle a axuda de emerxencia

Unha veciña de Coia con dous fillos e unha Risga de 239 €, demanada ao Concello por negarlle a axuda de emerxencia

O vindeiro mércores, ás 10 da mañá, celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha veciña de Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas). Trátase do segundo xuízo contra […]

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM