Galicia

Un convenio entre o Goberno de Galicia e a Comisión Fulbright, permitirá que o sistema educativo conte con 30 auxiliares de alto perfil académico en inglés

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e Stewart Tuttle, copresidente estadounidense da Comisión Fulbright de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos, veñen de asinar dous convenio de colaboración, un deles en materia de plurilingüismo e outro en beneficio dos posdoutorandos do Sistema Universitario de Galicia.

Ao abeiro do primeiro dos acordos, o sistema educativo galego contará o vindeiro curso con 30 auxiliares de alto perfil académico seleccionados pola Comisión Fulbright, o que supón un 25% máis ca no presente curso. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a presenza de persoas nativas de fala inglesa cun alto perfil académica nos centros plurilingües galegos, contribuíndo ao fomento das vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñarías e Informática), así como á competitividade futura do alumnado nestes eidos, nos que o dominio da lingua inglesa é fundamental.

Estes nativos sumaranse aos aprobados no pasado Consello do Goberno de Galicia, así como aos que se incorporarán ao sistema educativo galego, financiados pola Consellería, a través da colaboración interinstitucional co propio Ministerio, co Instituto Confucio, co Instituto Camões e coa Académie de Amiens; ata sumar un total de 617 auxiliares de conversa prestando apoio ao alumnado galego no vindeiro curso 2018/19.

Posdoutorais Fulbright

O segundo convenio asinado suporá a posta en marcha do programa de axudas Xunta de Galicia-Fulbright. Deste xeito posibilítase que, por primeira vez, ata 10 contratados posdoutorais galegos podan acceder aos servizos complementarios da prestixiosa entidade. A selección dos investigadores beneficiarios levarase a cabo mediante a convocatoria pública, para o ano 2018, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

También te puede interesar