Vigo al minuto

@depo_es aproba achegas de 453.000€ para Cambados, Cuntis, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Vilaboa e Vilagarcía

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 453.000€ destinadas a 11 concellos da provincia para realizar pagamentos de subministracións, afrontar gasto corrente novo, amortizar débedas e impulsar programas culturais, deportivos, turísticos, gastronómicos, actividades infantís e musicais, así como festexos.

Máis polo miúdo, os municipios que forman parte desta relación da Liña 2 do Plan Concellos aprobada polo goberno provincial son Cambados, Cuntis, Gondomar, Mos, Nigrán, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, O Rosal, Vilaboa e Vilagarcía.

En concreto, Cambados beneficiarase de achegas por valor de 39.097,61€ para gasto corrente novo. Pola súa banda, Cuntis, 17.083,32€ para actividades culturais e deportivas e Gondomar recibirá 7.413€ para gasto corrente novo..

En canto a Mos, recibirá 91.765,95€ para o servizo público de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e Nigrán beneficiarase de 94.877,46€ para actividades deportivas, espectáculos musicais e outras diferentes actividades lúdicas. Pola súa banda, Ponte Caldelas recibirá 14.399€ para a asistencia técnica para contratación do servizo de xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria e Ponteareas, 55.000€ para gasto corrente novo co que se financiarán actividades culturais e festivas.

Para O Porriño, a Deputación de Pontevedra achegará 18.613€ para os programas “Xoves Teatrais” e “Venres Musicais” e para O Rosal, 21.500€ destinados á Feira do Viño e ao Campamento de inglés

Por último, Vilaboa beneficiarase de 48.160,93€ para actividades culturais e Vilagarcía de Arousa recibirá 45.190,7€ para o servizo de mantemento dos semáforos do concello e o programa de sensibilización e formación en igualdade e recuperación persoal dende a perspectiva de xénero.

Dende a Deputación sublíñase que “con esta nova relación, xa son 47 os concellos que se están a beneficiar da liña 2 do Plan Concellos, que está permitir ás vilas da provincia desenvolver proxectos culturais, sociais e deportivos así como afrontar gasto corrente novo e o pago de subministracións.  Ata o momento, o goberno provincial xa distribuíu 3.061,582,61€ , o que supón o 76,54% da liña 2 que, este ano, ascende a preto dos 4 millóns”.

También te puede interesar