Comarcas

Un acordo entre o Concello e a Cruz Vermella logra que a ONG abra unha sede en Redondela

A Casa da Cultura de Redondela será o lugar no que a Cruz Vermella abrirá a súa delegación, segundo o convenio asinado entre o alcalde, Javier Bas, e a presidenta provincial da ONG, Teresa Álvarez.

Que a Cruz Vermella poida ter un local en Redondela é froito do traballo realizado nos pasados anos pola Concellería de Benestar, que dirixe a tenente de alcalde María del Carmen Amedo que, deste xeito, ven cumprido un dos obxectivos que se marcara cando se fixera cargo deste departamento.

A Cruz Vermella levará a cabo un ateigado programa de iniciativas que abranguen a distribución de medicación e alimentos entre persoas desfavorecidas, teleasistencia, actuacións con persoas en situación de especial vulnerabilidade, asociacións e colectivos de inmigrantes, centros de saúde, Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPAS), talleres de edcuación para a saúde ou coperación con centros da terceira idades, todo en colaboración co Concello de Redondela.

También te puede interesar