'Qué te cuentas?' Galicia

@En_Marea reclama o informe que supostamente avala a prohibición de falar no Parlamento da condena de corrupción ao PP pola trama Gürtel

En Marea quere ter acceso ao informe encargado por Miguel Santalices (PP) que supostamente avala a prohibición do presidente do Parlamento de Galicia de facer referencia á condena por corrupción ao Partido Popular polo Caso Gürtel.

Órdenes de los responsables del ‘Telexornal’ de la TVG sobre la sentencia de Gürtel: “50 segundos como máximo”

Logo da controversia xerada na última sesión plenaria polo veto do presidente da Cámara ás críticas dos deputados en relación coa corrupción no PP, En Marea reclama o regulamento no que se apoiou ese veto. En Marea considera que “tanto o informe como o veto resultante é unha estratexia máis do PP para negar a evidencia de que é un partido condenado por corrupción como proclamaron todos os medios de comunicación”.

As deputadas Carmen Santos e Eva Solla veñen de solicitar por escrito o informe dos Servizos Xurídicos do Parlamento de Galicia relativo ás expresións que os membros da Cámara poden ou non empregar durante o transcurso das sesións en relación á sentenza da Gürtel. A tensión entre o presidente da Cámara e o grupo parlamentario de En Marea foi evidente no último pleno, cando Santalices tentou impedir que se falase do PP, a cuxas filas el mesmo pertence, como un partido corrupto.

A pesar da sentenza da Audiencia Nacional que ven dar proba da corrupción e o financiamento ilegal que sustentou a actividade do Partido Popular, e que motivou a histórica moción de censura que rematou co goberno de Mariano Rajoy, o presidente do Parlamento de Galicia tentou durante o pasado pleno coartar o debate sobre a Gürtel; e mesmo chegou a chamar á orde á deputada de En Marea Carmen Santos”.

En Marea considera un despropósito a actitude do máximo responsable do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, que pretende converter o parlamento nun espazo propagandístico do PP e non que se censure a realidade de condena ao PP como un partido corrupto.

También te puede interesar