vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A doutora Inés González, neuróloga da Área Sanitaria de Vigo descobre maior risco de dano cerebral en pacientes con determinadas enfermidades raras

Posted by on May 27th, 2018 y archivado abajo Ciencia y Tecnología, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A investigación dunha  neuróloga do  Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) descubriu que os pacientes con determinadas enfermidades raras teñen un maior risco de sufrir afeccións ou danos  cerebrovasculares. O estudo, pioneiro no seu xénero, plasmouse na tese da doutora Inés González, que obtivo ‘Sobresaínte cum laude’ na Universidade Autónoma de Madrid.

A tese, co título “Afectación  neurológica nas  vasculitis  ANCA positivas”, serviu xa para a realización de dúas publicacións de carácter internacional e outras dúas máis están en fase de preparación.

Segundo explica a doutora González Suárez, “as  vasculite con anticorpos  anti  neutrófilo (ANCA), son un grupo heteroxéneo de enfermidades caracterizadas pola inflamación dos vasos sanguíneos de pequeno e mediano calibre, que afecta preferentemente a pulmón e ril”.

A hipótese inicial do traballo consistiu en que os pacientes que presentaban este tipo de enfermidade rara, e de orixe descoñecida, podían padecer afectación do sistema nervioso con maior frecuencia da que se puidese sospeitar debido a que na maioría dos casos non presentan síntomas.

“Xunto cos meus titores fixemos un protocolo polo cal mediante avaliación clínica e probas específicas complementarias analizáronse en profundidade, diferentes aspectos do sistema nervioso periférico dos pacientes”, sinala a  neuróloga do  CHUVI. A función cognitiva, a afectación  cerebrovascular, a afectación do sistema nervioso ou a calidade de vida foron algúns deses factores.

Os resultados deste traballo confirmaron que os pacientes coa mencionada patoloxía presentaban enfermidade cerebrovascular de forma máis frecuente que a poboación en xeral e cun peor rendemento cognitivo.

Novidade

O novo do estudo é que arroxa novos datos sobre o posible dano cerebrovascular en pacientes con  vasculite ANCA, “polo que se debe extremar a vixilancia dos factores de risco neste tipo de pacientes para previr eventos máis graves”, explica a doutora González Suárez.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM