Cultura Vigo al minuto

@festivaldecans recibe este sábado a Fernando Trueba, Gracia Querejeta e Burning

Festival de Cans chega este sábado ao seu ‘día grande’ cun programa de 16 horas seguidas que arrancaron ás 10 da mañá co ‘CanSonoro’, o roteiro musical con Xurxo Souto que saíu da  Rotonda do Can.

Á mesma hora, empezou o primeiro pase matinal da Sección Oficial de Ficción e Animación; ás 10 e media será o momento e ‘Contra o lume’, coa proxección de pezas audiovisuais arredor do problema dos incendios, no Jalpón de Alicia; ás 11 ‘MiniCans’, coa Proxección de curtametraxes da iniciativa Participa Méliès, no Baixo de Carlos

Ao mediodía será o ‘Coloquio na Leira’ co director Fernando Trueba, no  Espazo Mahou da Leira de Alicia; a 1 da tarde hi dúas actividades: ‘MiniCans’, cunha retrospectiva de videoclips de Magín Blanco, no Baixo de Carlos, e Pasarrúas, coa  Banda de Música de Rubiós, con saída da Rotonda do Can.

1 e cuarto, Trueba destapa a súa estrela no Torreiro de Cans e 15 minutos máis tarde será a hora do segundo pase matinal da Sección Oficial de Ficción e Animación; de novo, ‘MiniCans’, co concerto de Magín Blanco, no Parque do Río e a Sesión vermú, coa Banda de Música de Rubiós, no Torreiro de Cans.

Ás 3 e media: Pasarrúas coa Charanga Nova Jomada, desfile de chimpíns, pola parroquia; ás 4 da tarde: ‘Dálle caña!’, un encontro de curtametraxistas das seccións de ficción e animación, no Espazo Mahou da Leira de Alicia e estrea de ‘Sevilla y Gomorra’. Co director Ángel Filgueira, no Cuberto de Mucha do Peso; a esa mesma hora, ‘MiniCans’: A caixiña de mistos. Inicio de proxeccións periódicas de curtametraxes, no Parque do río; Obradoiro de curtametraxes con Mr. Misto, tamén no Parque do Río e, ás 4 e media, Concerto: Mounqup, no Cans Voulevar.

Á mesma hora: Primeiro pase de tarde da Sección Oficial de Ficción e Animación, en varios espazos; ás 4 e media, de novo ‘MiniCans’: Espectáculo O cinematomago, co Mago Paco, no  Cuberto de Pato.

Ás 5 da tarde, ‘Coloquio na Leira’, con Gracia Querejeta, no Espazo Mahou da Leira de Alicia; primeiro pase de FuraCans: Sección Oficial de Non ficción, na Casa de Mari; Therefilme, con Paulo Nimoy, dentro de ‘Minicans’, no Cuberto de Antonio.

Ás 6 da tarde, Audiovisual e música: avance do documental Kevin vs. Ray + concerto de Kevin Weatherill. Coa presenza dos directores Eduardo Herrero e Manuel Lemos e o produtor Enrique Otero, no Cuberto e Invernadoiro de Mucha do Peso; 6 e media: concerto de Pardo, no Cans Voulevar; ‘Dálle caña!’ Encontro de curtametraxistas das seccións FuraCans e ExtraCans, no Espazo Mahou da Leira de Alicia.

Ás 7 da tarde, ‘MiniCans’: Contacontos ilustrado Unha vida de cine, con Polo Correo do Vento no Cuberto de Pato; 7 e cuarto: colocación da estrela de Gracia Querejeta, no Torreiro de Cans e ás 7 e media, concerto de Familia Caamagno, tamén no Torreiro de Cans.

Ás 8 da tarde, de novo ‘Minicans’, coa proxección das pezas realizadas no obradoiro de curtametraxes de Mr. Misto, no Parque do Río; ás 8 e media: ‘ExtraCans’: proxección de curtas internacionais con vínculos profesionais a Galicia. Coa presenza das e os cineastas , no Jalpón de Alicia; segundo pase de FuraCans: Sección Oficial de Non ficción, na Casa de Mari; Audiovisual e música: retrospectiva Rubén Domínguez: Unha década de creación (2008-2018) + Concerto de Pantis, no invernadoiro e Cuberto de Mucha do Peso; ‘MiniCans’: Proxección de curtas producidas por Chelo Loureiro, coa súa presenza, no Cuberto de Antonio e ás 9 menos cuarto: eegundo pase de tarde da Sección Oficial de Ficción e Animación.

Ás 10 da noite, no Cans Voulevar: concertó de Tanxugueiras; Sesión Discochimpín, con  Edu Romero DJ, no Espazo Mahou da Leira de Alicia; ás 11 da noite, entrega de premios | Torreiro de Cans.

Ás 12 e media da noite, concertó de Burning, no Torreiro de Cans e, ás 2 da mañá, no mesmo lugar: Sesión Discochimpín co DJ Rafa Morcego.

También te puede interesar