Galicia

71 personas feridas en 50 accidentes rexistrados nas estradas galegas a pasada fin de semana

O persoal médico do 061 asistiu durante a fin de semana a 71 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 18, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 20 de maio.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 57 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 50 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 71 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 60 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiu nunha ocasión.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 7ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar