'Qué te cuentas?'

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama realizou preto de 2.400.000 exploracións

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas), entre os anos 1992-2016, diagnosticáronse 7.998 cancros entre as pacientes remitidas ao hospital para estudo, o que supón un valor preditivo positivo (VPP) de 12,15 % e unha taxa de detección de 3,57 cancros por 1.000 mulleres exploradas. Neste período, recomendóuselles unha valoración clínica adicional ao 2,91% das mulleres exploradas. No resto das mulleres obtívose un resultado normal da exploración mamográfica.

A participación entre 1992-2017 foi do 78,79%. A participación do programa a partir do ano 2006 é superior ao 75%, sendo o obxectivo de participación desexable establecido polas Guías Europeas de Garantía de Calidade en Cribado e Diagnóstico Mamográfico do 70%.

Grazas ao Programa, a mortalidade por cancro de mama en mulleres galegas que  participan nos cribados descendeu en máis dun 20% respecto do previsto sen cribado, tal e como demostra un estudo realizado cos datos desta enfermidade entre os anos 1980 e 2012. En grupos cribados cunha participación superior ao 50%, o risco de morrer por cancro de mama redúcese nun 29%.

Este efecto representa un impacto positivo do programa aínda que non pode ser diferenciado totalmente doutros factores, como poden ser as melloras no tratamento do cancro de mama.

Ademais,  estudouse  a supervivencia das mulleres galegas entre 50-69 anos diagnosticadas de cancro de mama no período 1996-2009. As mulleres participantes presentaron mellor supervivencia relativa que as do mesmo grupo de idade diagnosticadas á marxe do programa (94’5% fronte ao 83’1% aos 5 anos de seguimento e 76,4% aos 10 anos de seguimento).

En 2017, acadouse unha participación do 81,30%. Na gran maioría das exploracións o resultado da mamografía foi a ausencia de lesións sospeitosas; tan só un 2,39 % das mulleres exploradas neste ano (3.518 mulleres) foron remitidas a unha unidade de diagnóstico e tratamento para complementar as probas realizadas e obter un diagnóstico definitivo. Tamén no ano 2017 diagnosticáronse 480 casos de cancro de mama.

También te puede interesar