vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Goberno de Galicia acorda cos sindicatos CIG e CCOO axilizar a contratación de persoal temporal que realiza substitucións na Administración galega

Posted by on May 20th, 2018 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Deste xeito, a Dirección Xeral da Función Pública –dependente da Consellería de Facenda- poderá utilizar as listas de funcionarios interinos para a contratación temporal de persoal laboral.

Ata o de agora, a Xunta non podía utilizar estas listas de contratación de persoal funcionario interino para realizar substitucións de persoal laboral temporal porque a normativa vixente non o permitía, o cal demoraba os procesos de contratación nas distintas consellerías. Hai que ter en conta que a bolsa de emprego temporal da Xunta de Galicia conta actualmente cunhas 130.000 inscricións, que abarcan as distintas áreas de actuación da Administración.

Neste sentido, seguíase o estipulado no convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta. Nel establécese que de non existir ou estar esgotadas as listas para a cobertura de postos de traballo de persoal laboral temporal, a Administración debe solicitar á oficina pública do Servizo Público de Emprego un mínimo de tres traballadores ou traballadoras en situación de desemprego por cada unhas das vacantes que se pretende cubrir. Este procedemento de cobertura demoraba os prazos necesarios para a provisión temporal de determinados postos de traballo para os que a necesidade de provisión era urxente.

O acordo acadado afecta tamén ás remudas por xubilacións parciais nas que a persoa xubilada ocupa un posto de traballo de persoal funcionario, xa que a Xunta poderá acudir ás listas elaboradas para o nomeamento de funcionarios interinos do corpo, escala e/ou especialidade correspondente co perfil do posto de traballo.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM