Cultura

@depo_es sortea as prazas do programa ‘DepoAventura A Lanzada’

Este martes 22 de maio, no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, terá lugar o sorteo das prazas do programa “Depo Aventura” A Lanzada, organizado pola institución provincial e que se desenvolverá entre xullo e setembro. Este ano a Deputación recibiu 3.500 solicitudes para as 2.200 dispoñibles.

Unha vez realizado o sorteo das prazas adxudicadas, os resultados disporanse na páxina web www.depo.es. Amais, durante o mércores 23 de maio as familias, mediante SMS ao móbil, serán informadas da quenda que lle corresponde aos seus fillos ou/e fillas. 

Para este verán, a Deputación organiza 11 quendas, con 200 prazas cada unha, coa finalidade de dar cabida na Lanzada ás 2.200 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, nados entre o 2005 e o 2010, e empadroados nos concellos da provincia.

Das 2.200 prazas, 300 son gratuítas para familias en situación ou risco de exclusión social. A primeira quenda terá lugar do 24 ao 30 de xuño e as seguintes do 1 ao 7 de xullo, do 8 ao 14 de xullo, do 15 ao 21 de xullo, do 22 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 4 de agosto, do 5 ao 11 de agosto, do 12 ao 18 de agosto, do 19 ao 25 de agosto, do 26 de agosto ao 1 de setembro e do 2 ao 8 de setembro.

A próxima semana publicarase a lista de nenas e nenos admitidas e admitidos e abrirase un prazo para que as familias poidan presentar, se así o desexan, reclamacións.

También te puede interesar