Vigo al minuto

O Goberno de Galicia anuncia o reforzo e axilización dos procesos de valoración da discapacidade para reducir a lista de espera

O presidente do Goberno de Galicia adiantou unha batería de medidas para mellorar especialmente os prazos nalgunhas unidades de valoración, simplificar os trámites e reducir a burocracia  e intensificar o traballo que se realiza neste eido.

En concreto, O gobernó galego ten prevista a posta en marcha de 14 novos equipos de valoración: 6 na sección de Pontevedra, 4 na de Vigo e un equipo novo en A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense.

Esta medida traerá consigo a incorporación de 51 novos profesionais por un tempo de 6 meses, o que supón un investimento aproximado de 1.080.000€. Así mesmo, mellorarase a xestión de citas, se recoñecerá automaticamente un grao de discapacidade do 33% a aquelas persoas ás que a Seguridade Social lles teña recoñecida unha pensión de incapacidade permanente, simplificarase o procedemento e o modelo de solicitude e axilizarase a tramitación de valoración da discapacidade para persoas con ELA.

También te puede interesar