Galicia Sucesos

Fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 64 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres pasado, día 11, ata as 12 menos 1 minuto da noite deste domingo, día 13 de maio.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 64 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiu nunha ocasión.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar