vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Desconvocada a folga no guindastre vigués tras acceder a empresa a reducir a xornada nas fins de semana

Posted by on May 14th, 2018 y archivado abajo 'Qué te cuentas?'. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O persoal de Setex Aparki, concesionaria do servizo de guindastre do Concello, decidiu o venres, por unanimidade, desconvocar a folga indefinida prevista para este luns despois de que a empresa accedese a reducir a xornada laboral nas fins de semana. Esta era a principal reivindicación dos traballadores durante a negociación do convenio colectivo, polo que apostaron por asinar o preacordo ao que chegaron as partes na mediación.

Os 34 traballadores que integran o cadro de persoal da empresa que xestiona o servizo municipal de grúa decidiron ratificar o pactado entre a representación sindical e a dirección da compañía unha vez que lograron introducir no convenio unha rebaixa no tempo de traballo durante as fins de semana. En virtude deste acordo a xornada total redúcese en 50 horas anuais, establecéndose unha rebaixa progresiva durante as fins de semana: o primeiro ano do convenio (2018) a redución será dunha xornada laboral e media; no segundo ano (2019) pasará a ser de catro xornadas e media; e no último (2020) será xa de cinco xornadas.

Ao mesmo tempo, fíxase unha subida de soldos do 1% o primeiro ano, do 1,25% no segundo e do 1,50% o terceiro, aínda que o incremento salarial é aínda maior se temos en conta que tamén se actualiza a contía dos pluses. Así, o de cambio de quenda aumenta en cinco euros ao mes; o de nocturnidade pasa de 14 a 15 euros este ano, a 16 o seguinte e a 17 o último; o de festivos pasa de 45 a 50 euros este ano e a 60 en 2019 e 2020; por último, o de absentismo pasa de 80 a 90 euros.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM