Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O Cunqueiro reanuda o videiro luns a maior parte da actividade cirúrxica de tarde

O Servizo Galego de Saúde informa de que o próximo luns, o Álvaro Cunqueiro reanudará a maior parte da  súa actividade cirúrxica extraordinaria ao programar dous dos tres quirófanos diarios habituais das tardes. As especialidades implicadas son Cirurxía plástica, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía xeral e dixestiva, e Uroloxía.

Esta semana o Meixoeiro xa tiña normalizada a súa actividade cirúrxica, recuperando o seu ritmo habitual de intervencións extraordinarias, coa programación dos seus cinco quirófanos de tarde diarios.

“Polo tanto, coa reincorporación das intervencións de tarde no Cunqueiro, o Compelxo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) xa realiza a práctica totalidade das intervencións extraordinarias, ao programar cirurxías en 7 quirófanos (5 no Meixoeiro e 2 no HAC) do total dos 8 quirófanos diarios vespertinos que viñan sendo habituais”, indican dende o SERGAS.

A vindeira semana hai programadas na Área Sanitaria de Vigo 591 intervencións cirúrxicas en xornada de mañá e tarde, 393 no Meixoeiro e 198 no Cunqueiro.

A esterilización deteriorou os contedores de aluminio

Doutra banda, Sanidade engade que os informes técnicos elaborados polas empresas proveedoras conclúen que o proceso de oxidación acelerado do alumino dos contedores produciuse por unha “combinación de factores  químicos e de temperatura, como a tipoloxía e concentración dos deterxentes empregados no lavado, a tipoloxía e temperatura da auga utilizadas, o humectante- desincrustante e os aceleradores de secado, concorrentes no procedemento de esterilización”.

También te puede interesar