Vigo al minuto

O Pleno aproba adicar 1,3 millóns a rehabilitación de vivendas no Casco Vello, Bouzas, Coia e Santa Clara

O Pleno do Concello aprobou este mércores por unanimidade unha modificación orzamentaria para adicar 1,3 millóns de euros á rehabilitación de vivendas nos ARIS do Casco Vello, Bouzas, Coia e Santa Clara.

Segundo explicou a concelleira de Urbanismo, María José Caride, os propietarios asumirán o 40% do custo dos traballos, mentres que o Ministerio de Fomento achegará o 33%, o Concello, o 16% e a Xunta -a primeira vez que participa neste programa desde 2013-, o 13%.

Caride salientou o elevado grado de aceptación desta iniciativa que permitirá realizar 60 actuacións no Casco Vello; 30, en Bouzas, 50, en Coia e 15, en Santa Clara, aínda que este número podería verse incrementado respecto a estas previsións iniciais. Esta achega pública pode alcanzar o 45% do custe das obras.

También te puede interesar