Galicia

Un morto e 71 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 72 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 20, ás 12 menos un minuto da noite deste domingo 22 de abril.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 56 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 72 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado  asistiu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 51 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar