vigoalminuto.com - Tu peridico digital

@MareaVigo pide que a Xunta axuste as cuantías da RISGA ás necesidades establecidas pola UE para personas en situación de pobreza

Posted by on Abr 23rd, 2018 y archivado abajo 'Qué te cuentas?', Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O grupo municipal da Marea de Vigo levará ao Pleno do Concello deste mércores unha moción na que se instará ao Goberno galego, que actualmente está tramitando o desenvolvemento da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia, á asunción e incorporación dunha serie de medidas sobre este proxecto de lei, lei que regulará a medio prazo a prestación da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e outras axudas de inclusión social.

Neste sentido, o primeiro acordo da moción, en consonancia co contido da Carta Social Europea e a Rede Galega e Europea contra a Pobreza, pide a incorporación das medidas precisas para que as cuantías da RISGA se acheguen ao indicador AROPE, indicador vén recoller unha visión multidimensional da pobreza e a exclusión social na que se contabiliza a poboación que se atopa en risco de pobreza.

En base a isto, a UE estableceu as cuantías de 684€ mensuais por persoa e 1.680€/mes para un fogar de dous adultos e dous menores para medir o risco de pobreza ou exclusión social.

En canto aos datos en Galicia, tal e como se expresa na moción, “Segundo o Informe ‘O estado da pobreza en Galicia’, elaborado en 2017 pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia), a partir de datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), do Instituto Galego de Estadística (IGE) e do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a finais de 2016, había en Galicia 690.505 persoas en risco de pobreza ou exclusión social, que representa o 25,4% da poboación. En Vigo, esta cifra situábase en 61.400 persoas, o que representa o 21% da poboación” .

Marga L. Barreiro, incide en que “na nosa cidade está a incrementarse exponencialmente a pobreza e a exclusión social. Somos xa a cidade galega onde se detecta o maior aumento de solicitudes da RISGA nos pasados anos, triplicándose dende o inicio da crise.”

Tanto para a Marea de Vigo como para os colectivos promotores da moción, “a actual prestación económica da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) non cumpre os criterios da lexislación en vigor, pois segue mantendo aos beneficiarios no limiar da pobreza, da exclusión social, e non cubre as necesidades básicas, provocando estados de pobreza crónicos herdados por fillas e fillos”.

Do mesmo xeito tampouco a RISGA axuda a solucionar os problemas de aloxamento, pois o complemento de aluguer previsto é equivalente ao 10% do IPREM (situado hoxe nos 537 euros), é dicir, pouco máis de 50 euros ao mes” polo que tamén se insta na moción, ao artellamento dun complemento de vivenda que supere os 50 euros actuais se a persoa titular ten que pagar un aluguer ou hipoteca.

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM