Deportes

Mañá solidaria sobre rodas, este domingo, con máis de 300 nenas e nenos, en Chapela

Máis de 300 nenas e nenos de entre 2 e 12 anos ateigarán este domingo, día 22, os Paseo de Cardona e de Arealonga, en Chapela, para participar, dende as 11 en ‘Mañá sobre rodas’, unha actividade impulsada por nais do Colexio Público Alexandre Bóveda-Angorén, co apoio da Concellería de Deportes, que dirixe Julio Mougán, e das ANPAS do CEIP Laredo e CEIP Igrexa

Calquera ‘trebello’ con rodas servirá para entreterse: patíns, bicicletas, mesmo triciclos, todo sexa por divertirse nun día que terá, ademáis, un compoñente solidario coa recollida de axudas para o proxecto ‘Gotas para Níger’, que conta coa colaboración de UNICEF.

As cativas e cativos, que poderán recoller os seus dorsais dende as 10 e media da mañá, participarán en circuitos, ‘xincana’, admirarán a exhibición de BMX de Cromoly e, por suposto, contarán con ‘avituallamento’.

Cómo non, os país e nais terán a posibilidade de amosar a súa forma física e de divertirse da man de profesoras do centro de deportes acuáticos de Chapela, atrevéndose a participar nunha das súas clases de ‘bodymove’.

También te puede interesar