Vigo al minuto

@depo_es pon en marcha o Plan de Práctica Laboral 2018 con 200 bolsas destinadas a universitarios sen experiencia laboral

A Deputación de Pontevedra vén de pór en marcha unha nova edición do Plan de Práctica Laboral con 200 bolsas destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).

También te puede interesar